RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Intensa xornada entre semana, con citas mañá para o Cadete, Alevín, Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín

A festividade do mércores 1 de maio provoca unha intensa xornada de partidos entre semana en #ANOSACANTEIRA.

Así, hai competición ligueira en cadetes, alevíns e benxamíns.

Mañá martes o Cadete, a un paso de revalidar o título na División de Honra, recibe ás 19:30 ao Victoria CF. Con 18 puntos en xogo, mantén 13 de vantaxe sobre o RC Celta, 2º clasificado.

Tamén en Abegondo ven as caras o Fabril FC Benxamín e o Benxamín A en choque da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8. Os branquiazuis marchan de líderes e os fabrilistas, na 3ª posición.

Pechan a xornada de mañá dous partidos fóra de casa: o Alevín A en Carballo ante o ED Luis Calvo Sanz (19:15) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 e o Fabril FC Alevín no Monte ante o San Tirso SD (18:00) na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

O mércores 1 está previsto un partido, o do San Tirso SD Cadete, instalado na zona media-alta da clasificación, en Coles ante o UD Ourense (11:30).

E a xornada entre semana conclúe o xoves 2 co encontro entre o Alevín A e o CD Calasanz correspondente á Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8. Será no campo 1 de San Pedro de Visma a partir das 18:00 horas.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría cadete
29ª xornada: CADETE - VICTORIA CF, mañá martes 30 de abril ás 19:30 en Abegondo
29ª xornada: UD OURENSE - SAN TIRSO SD CADETE, o mércores 1 de maio ás 11:30 no campo de Albán (Coles)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 82 puntos; 2. RC Celta, 69 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 42 puntos; 6. Salgueiriños CF, 41 puntos; 7. Ural Español CF e San Tirso SD Cadete, 40 puntos; 9. ED Xuventude de Oroso, 39 puntos; 10. CD Lugo, 37 puntos; 11. Rápido de Bouzas, 36 puntos... 15. UD Ourense, 24 puntos; 16. Victoria CF, 23 puntos...

Categoría alevín
10ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - ALEVÍN, mañá martes 30 de abril ás 19:15 no Anexo As Eiroas (Carballo)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín e CD Lugo, 25 puntos; 3. CD Calasanz, 24 puntos; 4. Ural Español CF, 19 puntos... 6. ED Luis Calvo Sanz, 12 puntos...

7ª xornada: ALEVÍN A - CD CALASANZ, o xoves 2 de maio ás 18:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
7ª xornada: SAN TIRSO SD - FABRIL FC ALEVÍN, mañá martes 30 de abril ás 18:00 no Monte
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Alevín A e Sada CF, 15 puntos; 3. CD Calasanz e Fabril FC Alevín, 9 puntos; 5. San Tirso SD, 6 puntos...

Categoría benxamín
7ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - BENXAMÍN A, mañá martes 30 de abril ás 19:30 en Abegondo
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 18 puntos; 2. Victoria CF, 15 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 10 puntos; 4. ED Luis Calvo Sanz, 7 puntos...