RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Alevín B e Benxamín A teñen partido amigable esta semana

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido amigable esta semana, ambos no mesmo escenario, o campo de herba sintética de Abegondo.

Así, o Alevín B mídese mañá martes 6 de marzo ao Atlético Coruña Montañeros A, a partir das 19:00 horas.

O conxunto deportivista que prepara Alberto Suárez é líder do grupo 1º da Segunda Fase con 12 puntos de 12 posibles. Está igualado a puntos co Obradoiro, aínda que este cun partido máis xogado. Ademais, os deportivistas exhiben unha gran capacidade ofensiva, cun total de 43 tantos a favor en 4 partidos nesta competición.

Este sábado 10 de marzo ás 13:00 horas, o Alevín B mídese ao CP Esclavas na Torre, con motivo da xornada 7ª.

O mércores 7, a quenda será para o Benxamín A. O seu rival, tamén a partir das 19:00 horas, será o Paiosaco H. Añón B (alevín).

O equipo branquiazul que prepara Pablo Barros é líder da Segunda Fase da Primeira Comarcal A Coruña, con 27 puntos de 27 posibles. Ademais, é o equipo máis realizador do grupo, con 57 goles a favor en 9 partidos; e ostenta unha valiosa marca, aínda non recibiu ningún gol nesta segunda fase da temporada.

Este sábado 10 de marzo ás 12:00 na Torre, o Benxamín A terá como rival ao Calasanz A, en partido correspondente á 10ª xornada.