RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

#ANOSACANTEIRA avanza en Alemaña, Holanda e Teruel

Gran fin de semana para #ANOSACANTEIRA, que se clasificou para a Fase polo Título en Alemaña (Benxamín A) e Holanda (Cadete); e acariña os cuartos de final en Calamocha, Teruel (Alevín B).

Ademais a mala sorte nos penaltis impediu ao Benxamín B alcanzar as semifinais en San Mamed (Vedra).

O Benxamín A está na Fase Final da U10 PT Sports Juniorcup

Dobre torneo esta fin de semana para o Benxamín A en Alemaña: a Bielefeld TuS Ost Cup 2018 onte venres 1 de xuño e a U10 PT Sports Junior-Cup mañá sábado 2 e domingo 3 de xuño.

Na U10 PT Sports Juniorcup, o Benxamín A tivo como primeiros rivais no grupo H ao SV Viktoria Klein-Zimmern, SV Sparta Werlte, Home Farm Dublin FC e Sparta Rotterdam.

O seu calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte

Sábado 2 de xuño
Primeira Fase
HOME FARM DUBLIN FC 0 - BENXAMÍN A 1 (Diego)
BENXAMÍN A 0 - SPARTA ROTTERDAM 0
BENXAMÍN A 3 (Diego -2- e Pablo) - SV SPARTA WERLTE 0
SV VIKTORIA KLEIN-ZIMMERN 0 - BENXAMÍN A 3 (Xabi, Pablo e Yago)

Fase polo Título
BENXAMÍN A 0 - BENFICA 0
BENXAMÍN A 1 (Yago) - LOKOMOTIV MOSCOVA 0

Domingo 3 de xuño
9:00: BENXAMÍN A - HOLSTEIN KIEL

Onte venres, o Benxamín A logrou a medalla de ouro na TuS Ost Cup 2018. O flamante campión galego da categoría exhibiu o seu nivel ante rivais xermanos, e iso que arrincou a competición cunha derrota pola mínima.

Os resultados do equipo deportivista neste torneo foron os seguintes:

Primeira Fase
VfB FICHTE BIELEFELD 1 - BENXAMÍN A 0
BENXAMÍN A 5 (Raúl -3- e Diego -2-) - WBS WARSCHAU I 0
SV WESTFALIA RHYNERN 1 - BENXAMÍN A 1 (Diego)

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Nico, Diego e Yago) - SV AVENWEDDE 2

Semifinal
BENXAMÍN A 0 - WESTFALIA RHYNERN 0. Por penaltis: 3-2

Final
FC WUPPERTAL 0 - BENXAMÍN A 3 (Xabi, Yago e Raúl)

O Alevín B, a un paso dos cuartos de final da Jamón Cup en Calamocha (Teruel)

O Alevín B acariña os cuartos de final da Jamón Cup, torneo que se xoga na localidade de Calamocha (Teruel).

Para iso, o equipo que prepara Alberto Suárez precisa un empate ante o Elche CF no seu último partido de grupo.

O calendario de partidos do Alevín B na Primeira Fase, cos resultados dos partidos xogados, é o seguinte:

Sábado 2 de xuño
ALEVÍN B 7 (Álex -2-, Eli -2-, Xenxo -2- e Jairo) - UE BORDETA 0
ZARAGOZA 0 - ALEVÍN B 2 (Vergara e Marcos)
CF REUS 2 - ALEVÍN B 1 (Rubén)
ALEVÍN B 1 (Rubén) - VALENCIA CF 0

Domingo 3 de xuño
9:30: ALEVÍN B - ELCHE CF (campo Jumaya 2)

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 11:30. Os demais, segundo clasificación, pasarán a unha Fase de Consolación, que comezará ás 13:10.

O Alevín B marcha líder de grupo empatado a puntos co Zaragoza. Un empate no seu partido de mañá domingo ante o Elche CF clasifícalle a cuartos de final.

Un cadete do Dépor participa nun torneo en Maassluis (Holanda)

Un equipo cadete do Deportivo atópase na cidade holandesa de Maassluis, nun torneo organizado polo club Excelsior Maassluis nas súas instalacións.

O conxunto branquiazul quedou encadrado na Primeira Fase co Excelsior Maassluis, Sparta Roterdam e ADO Den Haag aos que venceu nos tres encontros de hoxe.

Os resultados até a data son os seguintes:

Primeira Fase
Sábado 2 de xuño
EXCELSIOR MAASSLUIS 0 - DEPORTIVO 3 (Antón, Padín e Suárez)
DEPORTIVO 3 (Noel, Axel e Suárez) - ADO DEN HAAG 0
DEPORTIVO 2 (Abel e Novoa) - SPARTA ROTTERDAM 0

Domingo 3 de xuño
Fase polo Título
9:45: DEPORTIVO - SPARTA ROTTERDAM

O Benxamín B cae en cuartos de final do 6º Torneo San Mamed en Vedra (A Coruña)

O Benxamín B disputou hoxe sábado 2 de xuño a 6ª edición do Torneo San Mamed, no campo San Mamed en San Mamed de Rivadulla (Vedra, A Coruña).

O conxunto branquiazul caeu eliminado en cuartos de final, nunha quenda de penatis fronte ao Rápido de Bouzas.

Por este motivo, o partido de liga do Benxamín B correspondente á 30ª xornada, última, da Segunda Comarcal A Coruña previsto para mañá sábado 2 de xuño ante o Victoria C trasládase ao martes 5 de xuño ás 20:00 horas en Abegondo.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

ED SANTIAGO 0 - BENXAMÍN B 0
BENXAMÍN B 10 (Nico -2-, Uxío -2-, Mauro -2-, Trigo -2-, Ioan e Paulo) - CD SAN MAMED 0
BENXAMÍN B 0 - XUVENTUDE OROSO 0
MILLADOIRO SD 0 - BENXAMÍN B 6 (Caaveiro -3-, Sergio, Paulo e Trigo)

Cuartos de final
RÁPIDO DE BOUZAS 1 - BENXAMÍN B 1 (Nico). Por penaltis: 2-0