RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aquí atopei un vestiario fantástico, un grupo moi bo e unha cidade estupenda para vivir

Daniel Aranzubía resumió esta mañana na sala de prensa o porqué do seu renovación polo Deportivo ata xuño de 2013, prorrogable unha tempada más se xoga na 2012-13 o 50% dos partidos oficiais: "Aquí enc

-Todo saíu ben onte, coa firma da renovación polo Deportivo.
-Si. É algo que viñemos falando desde hai tempo. Era intención das dúas partes chegar a un acordo.

-Terminarás este contrato en principio con 34 anos, ¿colgarás as botas en Riazor?
-Non penso aínda na retirada. Creo que son novo para éso.

-Á túa houbo antes as renovacións de Valerón, Juan Domínguez e Riki. O Club está a atar aos xogadores con peso no vestiario.
-É importante sen dúbida que se vaia renovando aos xogadores que máis participan.

-¿Houbo outros equipos interesados?
-Non escoitei demasiado nada máis. Estaba contento aquí e a miña intención desde o principio foi seguir.

-Sumas dúas tempadas moi boas aquí na Coruña.
-Si. O certo é que me saíron bastante ben as cousas desde que cheguei.

-E esta renovación chega para tí nunha semana especial, co Deportivo de visita a San Mamés.
-Creo que non vou xogar. Parece que o fará Manu. Pero en calquera caso sempre é bonito volver a casa.

-Asegurou Lotina en rolda de prensa que agora mesmo, Aranzubía, de estar no mercado, non estaría ao alcance do Deportivo.
-Sempre é de agradecer as palabras de eloxio do míster.

-Del Bosque, Seleccionador Español, comentou recentemente que podías estar nesa lista inicial de 30 preconvocados para o Mundial. ¿Viches preto nalgún momento a posibilidade do Mundial?
-Non. Non o vin preto. Aínda que esas palabras é para sentirse orgulloso. Eu sabía que era moi difícil polo gran nivel que hai