RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Lucía Rivas arrinca mañá luns ante Portugal o Campionato de Europa sub-17

-Foto:@rfef.es

 

Lucía Rivas (na foto, sentada no céspede a segunda futbolista empezando pola dereita) está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo da Fase Final do Campionato de Europa.

Mañá luns ás 18:30 en Malmö arrinca o torneo para o combinado nacional con Portugal como primeiro rival.

Ambos os equipos víronse as caras en 4 ocasións e nas 4 gañou España; a última delas na pasada Rolda 1 de clasificación: 4-0.

Os outros dous rivais das españolas na Primera Fase serán Polonia e Bélxica, con este calendario:

Luns 6 de maio
18:30: ESPAÑA - PORTUGAL no Malmö IP en Malmö

Xoves 9 de maio
15:30: ESPAÑA - POLONIA, no Klostergardens IP en Lund

Domingo 12 de maio
15:30: BÉLXICA - ESPAÑA, no Klostergardens IP en Lund

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o mércores 15 de maio.

Lucia Rivas é unha dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.