RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aranzubía: As sensacións que teño son moi boas

Daniel Aranzubía indicó esta mañana en rolda de prensa que a súa recuperación vai por moi bo camiño. Por conseguinte, os Servizos Médicos do Deportivo deron no cravo no diagnóstico e tratamento dunha lesión

"Atópome cada día un pouco mellor. É certo que todo está a ser máis lento do que esperaba, pero a melloría é clara. As sensacións son boas", concluíu a meta vasco sobre o seu estado físico. Prefire ser prudente e non marcarse prazos á hora de volver ao once inicial: "Non se se estarei para Sevilla (o domingo 12 de setembro ás 21.00 horas). Aínda queda moito. Hoxe é xoves e quedan dez días, non sabería que dicirche". Recoñece que o traballo de momento "ten que ser progresivo. Dun día para outro non podo empezar a facer todo con normalidade despois dun mes e medio parado". Opina que "afortunadamente a lesión impediume xogar partidos e facer portaría, pero non facer o traballo físico. Agora trátase pois de coller esa forma en portaría".