RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aranzubía: Estamos algo mellor pero non nos podemos despistar

Aranzubía compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol, minutos antes de subirse ao autocar rumbo a Santander.

-Vaia paradas as túas o outro día ante o Málaga.
-O do outro día queda xa esquecido. Toca centrarse no partido de mañá en Santander.

-A túa volta supuxo a recuperación do Deportivo.
-Coincidiu. Non hai que darlle máis importancia. O equipo mellorou en todos os aspectos.

-Agora os defensas senten máis seguros.
-Nos primeiros partidos de Liga, nos que o equipo xogou mal, Manu estivo moi ben.

-Hai unhas semanas estabamos en Segunda División e agora que diferente vese todo.
-O bo que ten este vestiario é que nunca se viu tan mal e agora non se ve demasiado ben. Estamos algo mellor pero non nos podemos despistar.

-¿Séntesche máis cómodo con este sistema?
-A min sinceramente dáme igual. Non por pór moitos defensas deféndese mellor. Pero é verdade que agora nos están facendo poucas ocasións.

-Fálase de dianteiros, e resulta que no Dépor os goles métenos os centrais.

-Sinceramente dáme igual quen meta os goles con tal de gañemos.

-¿Crees que se ha sobredimensionado moito a situación do equipo nas primeiras xornadas dicindo mesmo que había problemas no vestiario?
-Non escoitei nunca dicir que había problemas no vestiario. Eu a verdade non sigo moito os medios de comunicación e menos aínda nesa serie negativa, porque os que mellor coñecemos a realidade somos nós mesmos.

-¿Como esperas o partido ante o Racing?
-Hai unha serie de equipos que estamos aí, incluído o Deportivo, angustiados pola clasificación e temos que sacar adiante os partidos de casa como sexa. Espero un partido complicado.

-¿Quizais sairán en tromba?
-Pode ser. Tratarán de meter rápido á afección no partido para que aperten.