RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario en ANOSACANTEIRA, co Fabril en Guijuelo o sábado, ademais dunha gran xornada en Abegondo

ANOSACANTEIRA prepárase para unha gran xornada de sábado.

A Fabril visita ao CD Guijuelo ás 17:00 no Municipal Luis Ramos. Os fabrilistas chegan ao encontro asentados na zona media da táboa de Segunda Federación e despois de derrotar con suficiencia ao CD Cayón en Abegondo o pasado domingo.

Como é habitual, Óscar Gilsanz está á espera dos fabrilistas que poidan ser convocados polo primeiro equipo para viaxar o mesmo sábado a Barcelona. Estes días, Martín Ochoa, Jairo, Rubén, Marc, Kevin e Marotías adéstranse ás ordes de Imanol Idiakez, ademais de David Mella, na fase final da súa recuperación.

En Abegondo están previstos un total de 4 partidos.

O Dépor ABANCA B, segundo xa na táboa de Tercera Federación FutFem, recibe (16:15) ao PM Friol.

O filial feminino impúxose (2-0) onte martes á selección galega sub-17 nun amigable disputado no campo da Lavandeira en Culleredo.

Estiveron convocadas co combinado galego as deportivistas Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; ademais das orzanistas Noelia Mayo, Emma Gandoy, Laura Santos e Dunia Dahmouni.

Compiten ademais na Cidade Deportiva o Xuvenil A (12:00 ante o CD Choco), Xuvenil B (16:15 fronte ao Alondras CF) e Infantil (11:30 fronte ao Escola Fútbol DSF).

Outros dous encontros dispútanse no Monte: o San Tirso SD Cadete fronte ao UD Ourense (10:45) e o San Tirso SD Infantil ante o AJ Lérez (12:30).

Ademais dos alevíns e o Benxamín A na Torre, e co Fabril FC Benxamín nas Eiroas ante o ED Luis Calvo Sanz (12:00), fóra de casa xoga o Orzán SD Cadete Femenino en Lalín (11:00).

Hoxe mércores, tres futbolistas orzanistas participaron coa selección galega sub-15 nun amigable no campo Manuel Regueira da Estrada ante o Escola Estrada FB: Antía Veiga, Claudia Sande e Daniela Macedo.

Na xornada do domingo, o Cadete, ao mando na División de Honra, visita ao Victoria CF ás 10:00 na Grela 1.

Ademais, quedan os partidos dos orzanes: o Orzán SD Xuvenil Femenino na Torre ante o Tomiño FC Femenino (18:00), o Orzán SD B sub-16 Femenino en Brexo Lema (19:00), o Orzán SD Infantil A Femenino en San Pedro de Visma ante o Atlético Arteixo (12:00) e o Orzán SD Infantil B Femenino na Torre ante o Arzúa FCF (12:00).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Amigable (onte martes): DEPORTIVO ABANCA B 2 (Uxía López e Laura Otero) - SELECCIÓN GALEGA SUB-17 0
12ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - PM FRIOL, o sábado 2 de decembro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 31 puntos; 2. Deportivo ABANCA B e Lóstrego CF, 28 puntos; 4. Sárdoma CF, 24 puntos; 5. Olímpico de León e PM Friol, 20 puntos...

12ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - TOMIÑO FC FEMENINO, o domingo 3 de decembro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF e Orzán SD Xuvenil Femenino, 25 puntos; 3. SD O Val, 21 puntos... 6. Tomiño FC Femenino, 17 puntos...

12ª xornada: BREXO LEMA SD - ORZAN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 3 de decembro ás 19:00 no campo de Os Pinares  (Brexo Lema)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 5. Brexo Lema SD, 19 puntos... 11. Cultural Maniños e UD Santiso FC, 12 puntos; 13. Orzán SD B sub-16 Femenino, 11 puntos...

12ª xornada: EF LALÍN - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, o sábado 2 de decembro ás 11:00 no Anexo Manuel Anxo Cortizo (Lalín)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 27 puntos; 2. Victoria CF e Escuela FB Amistade, 24 puntos; 4. SD O Val (un partido máis) e EF Lalín, 19 puntos...

12ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - ATLÉTICO ARTEIXO, o domingo 3 de decembro ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
12ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - ARZÚA FCF, o domingo 3 de diciebre ás 12:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil A Femenino, 30 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 27 puntos; 3. SCD Pastoriza, 24 puntos... 7. Atlético Arteixo (un partido máis), 11 puntos... 11. Arzúa FCF (un partido máis), 8 puntos... 13. Orzán SD Infantil B Femenino, 4 puntos...

Segunda Federación
14ª xornada: CD GUIJUELO - FABRIL, o sábado 2 de decembro ás 17:00 no Municipal Luis Ramos (Guijuelo)
Clasificación: ... 7. Racing Villalbés, 20 puntos; 8. CD Guijuelo, 18 puntos; 9. Fabril, 17 puntos; 10. Valladolid Promesas, 16 puntos; 11. RS Gimnástica de Torrelavega, 15 puntos...

Categoría xuvenil
13ª xornada: XUVENIL A - CD CHOCO, o sábado 2 de decembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Real Oviedo, 27 puntos; 3. Xuvenil A, 26 puntos; 4. Real Racing Club, 25 puntos; 5. SD Compostela, 22 puntos; 6. CD Choco, 18 puntos...

14ª xornada: XUVENIL B - ALONDRAS CF, o sábado 2 de decembro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 36 puntos; 2. RC Celta B, 29 puntos... 8. Alondras CF, 18 puntos...

Categoría cadete
12ª xornada: VICTORIA CF - CADETE, o domingo 3 de decembro ás 10:00 na Grela 1 (A Coruña)
12ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - UD OURENSE, o sábado 2 de decembro ás 10:45 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 33 puntos; 2. RC Celta, 31 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 28 puntos... 13. UD Ourense e CD Areosa, 9 puntos; 15. San Tirso SD Cadete, 7 puntos... 18. Victoria CF, 5 puntos

Categoría infantil
11ª xornada: INFANTIL - ESCOLA FÚTBOL DSF, o sábado 2 de decembro ás 11:30 en Abegondo
11ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - AJ LÉREZ, o sábado 2 de decembro ás 12:30 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 30 puntos; 2. RC Celta, 28 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 20 puntos; 4. AJ Lérez, 18 puntos; 5. Victoria CF e Escola Fútbol DSF, 17 puntos... 11. San Tirso SD Infantil, 10 puntos...

Categoría alevín
3ª xornada (onte martes): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - ALEVÍN A 3 (Enzo Bértoa -2- e Álvaro Gómez)
7ª xornada: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 2 de decembro ás 9:00 na Torre (campo 2.2)
7ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 2 de decembro ás 17:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A e Fabril FC Alevín, 18 puntos; 3. CD Calasanz (un partido menos), 10 puntos; 4. Ural Español CF (un partido menos) e Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos... 10. CF Deportivo Orzán (un partido menos), 0 puntos

Categoría benjamín
3ª xornada (onte martes): BENXAMÍN A 9 (Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle, Álex Casado e Antón Fernández) - URAL ESPAÑOL CF 2
7ª xornada: VICTORIA CF - BENXAMÍN A, o sábado 2 de decembro ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 15 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos) e Ural Español CF, 12 puntos...

3ª xornada (onte martes): FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Leo Galván -2-, Nico Castro -2-, Joel Losada -2-, Martín Coronel e Martín Martelo) - SPORTING CAMBRE 2
7ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 2 de decembro ás 12:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín, 18 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz (un partido menos) e Santa Cruz CF, 12 puntos...

 

 

/* Bot imbee */