As competicións oficiais regresan para os diferentes equipos de #ANOSACANTEIRA, tralo parón da Semana Santa.
De todos os partidos programados, sobresae o do Xuvenil A en Abegondo o domingo ás 12:00 ante o Val Miñor Nigrán, co título da División de Honra en xogo.
Ademais está no aire a segunda praza, que daría opción a disputar a Copa do Rei. O terceiro clasificado tamén podería acceder ao torneo do KO, pero deberá esperar a saber como conclúen os terceiros dos outros 6 grupos, pois só os 2 mellores acceden á devandita competición.
O Xuvenil A logrará o título se gaña e o Sporting de Gijón perde o seu partido en Pontevedra. Para manter a segunda praza precisa facer o mesmo resultado que o Celta no seu encontro ante o Bansander.
En caso de empate xixonés e de triunfo branquiazul e celeste, habería triplo empate a 68 puntos. Neste caso, segundo os enfrontamentos entre os tres, sería campión o Sporting, segundo o Celta e terceiro o Xuvenil A.
Hoxe sábado, o Fabril superou (2-1) na Cidade Deportiva ao Unión Adarve. O filial deportivista suma 59 puntos e recupera o liderado provisionalmente, á espera do que faga mañá o Rayo Majadahonda no seu partido ante o Rápido de Bouzas.
Xogaron na Coruña hoxe sábado ante o Victoria o Xuvenil B (2-1) e Cadete A (0-2); e mañá domingo o Infantil B (12:30), neste caso ante o Sporting Coruñés, en Elviña Pequeno.
Pola súa banda, o Infantil A participou na XIX edición do Trofeo Dani Güeñes, que se xoga na localidade de Güeñes (Biscaia).
O FC Porto e o Athletic Club foron os rivais do conxunto branquiazul na Primeira Fase.
Por este motivo, o seu partido pertencente á 11ª xornada da Liga Galega, Fase polo Título, ante o Ourense, pasa a disputarse o 14 de abril ás 11:30 en Abegondo.
Esta fin de semana toca descanso para o Deportivo ABANCA B na Primeira Autonómica Feminina; e para o Alevín B no grupo 1º da Segunda Fase, neste caso porque o seu rival, o Santa María del Mar, retirouse da competición.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda División B
33ª xornada: FABRIL 2 (Uxío e Edu Expósito) - UNIÓN ADARVE 1
Categoría xuvenil
División de Honra, 30ª xornada, última: XUVENIL A - VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 8 de abril ás 12:00 en Abegondo
Liga Nacional, 28ª xornada: VICTORIA 2 - XUVENIL B 1 (Rojo)
Categoría cadete
División de Honra, 28ª xornada: VICTORIA 0 - CADETE A 2 (Mario e Portas)
Liga Galega, grupo 1º, 28ª xornada: CADETE B - BERGANTIÑOS B, o domingo 8 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Categoría infantil
Trofeo Dani Güeñes en Güeñes (Biscaia)
Primeira Fase
Sábado 7 de abril
ATHLETIC CLUB 2 - INFANTIL A 0
FC PORTO 2 - INFANTIL A 0
O equipo deportivista caeu eliminado nesta fase.
Primeira Autonómica, grupo 1º, 31ª xornada: SPORTING CORUÑÉS - INFANTIL B, o domingo 8 de abril ás 12:30 en Elviña Pequeno (A Coruña)
Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 8ª xornada: SCDyR NARÓN O FREIXO - ALEVÍN A, o martes 10 de abril ás 18:45 no campo de Río Seco (Narón)
Categoría benjamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 13ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Rilo -2-, Diego, Leandro e Íker) - VICTORIA A 2
Segunda Comarcal A Coruña, 21ª xornada: BENXAMÍN B 9 (Ioan -4-, Pablo -2-, Paulo, Uxío e Trigo) - TORRE C 2