RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario en #ANOSACANTEIRA e resultados do Infantil A, campión hoxe do Trofeo da AFAC

Intensa semana de amigables para diferentes equipos de #ANOSACANTEIRA, con partidos repartidos entre Abegondo, A Coruña, Viveiro e Vigo.

Hoxe venres debutou en pretemporada o Infantil A de Liga Galega que dirixe Juan Villamisar. Foi con motivo do Torneo da AFAC, nos campos de San Pedro de Visma na Coruña.

O seu rival en semifinais foi o CD Calasanz ao que derrotou con claridade (8-0). A mesma sorte correu o Sporting de Gijón (5-0) na gran final dun torneo de clara cor deportivista.

O calendario semanal abriuno o pasado martes 14 de agosto o Fabril, que se impuxo (1-0) en Abegondo ao Rápido de Bouzas. Foi o primeiro dos dous amigables desta semana para o conxunto de Tito Ramallo, que mañá sábado se mide ao Arosa na Cidade Deportiva (19:00 horas), con entrada gratuíta para os afeccionados.

O técnico fabrilista citou a estes xogadores: Álex Cobo, Otero, Gaizka, One, Raúl González, Mujaid, Lucas, Javi Cobo, Gandoy, Carlos López, Ortuño, Valín, Villares, May, Uxío, Adrián, Boedo e Víctor García.

Tamén teñen cita de pretemporada mañá sábado o Xuvenil A (en Viveiro), Xuvenil B (Trofeo da AFAC en San Pedro de Visma), Cadete A (Trofeo da AFAC en San Pedro de Visma) e Cadete B (Abegondo).

Para o domingo 19 quedan os choques do Deportivo ABANCA B e Xuvenil A en Vigo ante o Valladares (17:00 e 19:30 respectivamente).

O calendario de partidos amigables, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
Xogado o pasado martes: FABRIL 1 (Lucas) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

FABRIL - AROSA, o sábado 18 de agosto ás 19:00 en Abegondo

Categoría feminina
CCAR VALLADARES - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 19 de agosto ás 17:00 no campo da Gándara (Valadares - Vigo)

Categoría xuvenil
Memorial Marcos Gómez, en Viveiro
Sábado 18 de agosto
11:00: XUVENIL A - VIVEIRO
17:00: XUVENIL A - OVIEDO
19:00: XUVENIL A - CELTA

CD VALLADARES (Rexional Preferente) - XUVENIL A, o domingo 19 de agosto ás 19:30 no campo da Gándara (Valadares - Vigo)

Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma (A Coruña)
Sábado 18 de agosto
Semifinal
12:15: XUVENIL B - SANTIAGO DE COMPOSTELA Cf
Ás 19:00, o gañador xogará a final (campo 2) e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (campo 1)

Categoría cadete
Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma (A Coruña)
Sábado 18 de agosto
Semifinal
10:30: CADETE A - URAL (campo 1)
Ás 17:00, o gañador xogará a final (campo 2) e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (campo 1)

CADETE B - SANTIAGO B, o sábado 18 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 7)

Categoría infantil
Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma (A Coruña)
Venres 17 de agosto
Semifinal
INFANTIL A 8 (Domínguez, Álvaro, Gabri, Martiño -2-, Marco Baña -2- e Diego -2-) - CD CALASANZ 0
Final
INFANTIL A 5 (Mella -2-, Gabri, Manu e Iago) - SPORTING DE GIJÓN 0