RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Castigo excesivo á proposta do Deportivo

- Foto: Susi García - O Deportivo cayó esta tarde en Riazor (2-8) ante un Real Madrid sobresaliente na faceta ofensiva. O resultado é un castigo inmerecido á proposta branquiazul, que sempre buscó o bo fútbol a pesar da eno

A primeira media hora foi igualada. O Dépor aguantaba sen abafos o enorme talento madridista con Medunjanin como faro; e mesmo tratou de buscar a portaría rival. Todo cambiou co primeiro tanto, obra de Cristiano Ronaldo. Nun centro, a primeira vista intranscendente, de Arbeloa pola dereita, o portugués elévase por encima de Sidnei e coloca de cabeza o balón na escuadra dereita de Lux. Imparable gol só á altura dun crack mundial.

O gol foi un mazazo psicolóxico ao bo traballo deportivista ata ese momento.

Empezou así o recital de puntaría do Real Madrid. Pouco despois, James, desde fóra da área, coloca o balón na escuadra esquerda de Lux. O terceiro tanto, de novo obra de Cristián, deixaba o partido visto para sentenza.

Víctor tratou no descanso de axitar o xogo coa entrada de Juan Domínguez e Cavaleiro. Arrincou o Dépor furioso, e Medunjanin recortou diferenzas ao transformar un penalti sinalado polo colexiado por man de Sergio Ramos.

Cavaleiro tivo acto seguido nunha contra a posibilidade do 2-3, pero o seu disparo márchase lixeiramente desviado, á esquerda de Casillas. O internacional portugués recibiu un balón longo desde a dereita, encarou ao seu par, decidiuse polo disparo pero non tivo puntaría.

O partido tocou ao seu fin cos dous goles seguintes de Bale, que aproveitou dous balóns na área para bater de novo a Lux.

Toché, que fallou un cabezazo franco só ante Casillas, maquillaba provisionalmente un resultado (2-6), que Chicharito encargouse de novo de ampliar, con dous tantos nos minutos finais.

A afección, a pesar do 2-8, despediu con aplausos ao Dépor, conscientes do esforzo tanto mental como físico que supuxo o partido e co derbi galego a tres días.

DEPORTIVO: Lux; Laure, Diakité, Sidnei, Luisinho; Bergantiños, Medunjanin; Juanfran (Juan Domínguez, m. 46), Fariña (Toché, m. 74), Conca; Postiga (Cavaleiro, m. 46).

REAL MADRID: Casillas; Arbeloa, Sergio Ramos, Varane, Marcelo; Kroos, Modric (Isco, m. 71); Bale ('Chicharito', m. 77), James, Cristiano Ronaldo e Benzema (Illarramendi, m. 59).

GOLES: 0 - 1, m. 29: Cristiano Ronaldo; 0 - 2, m. 36: James; 0 - 3, m. 41: Cristiano Ronaldo; 1 - 3, m. 51: Medunjamin, de penalti; 1 - 4, m. 66: Bale; 1 - 5, m. 75: Bale; 1 - 6, m. 78: Cristiano Ronaldo; 2 - 6, m. 84: Toché; 2 - 7, m. 87: 'Chicharito'; 2 - 8, m. 92: 'Chicharito'.

ÁRBITRO: Pérez Montero (Colexio Andaluz). Amoestou a Sidney por parte do Deportivo.

INCIDENCIAS: partido da cuarta xornada da liga BBVA en Riazor ante 27.685 espectadores