RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Celso Borges golea con Costa Rica, que acariña a Fase Final de clasificación ao Mundial de Rusia

  Tres xogadores do Club tiveron onte martes (dous deles esta pasada madrugada en España) citas internacionais coas súas respectivas seleccións: Celso Borges con Costa Rica, Fayçao con Marrocos, e o fabrilista Sam Piette con Canad&a

Borges encarrila cun gol a vitoria de Costa Rica sobre Xamaica

Celso Borges encarrilou cun gol, de cabeza no minuto 7, a vitoria de Costa Rica sobre Xamaica (3-0), nun triunfo que achega á selección 'tica' á Fase Final de acceso ao Mundial. O centrocampista branquiazul xogou o noventa minutos.
 
O pasado venres (madrugada do sábado en España), Costa Rica igualou en Xamaica (1-1). O mediocentro deportivista foi titular e xogou todo o partido.
 
A súa chegada á Coruña, despois de dous encontros oficiais completos, está prevista para mañá xoves pola tarde.
 
Marrocos imponse a Cabo Verde, con Fayçal inédito
 
Marrocos impúxose onte (2-0) a Cabo Verde, en choque clasificatorio para a Copa de África 2017, de novo con Fayçal fóra da convocatoria.
 
O pasado sábado, na ida, tamén venceron os marroquís (0-1), e tamén co deportivista non convocado para o partido.
 
Canadá cae en México e Sam Piette xoga a segunda metade
 
Canadá, con Sam Piette, perdeu (2-0) en México no partido de volta desta fase de clasificación para o Mundial de Rusia 2018. O mediocentro fabrilista saltou ao terreo de xogo no minuto 56, relevando a De Guzmán.
 
No partido de ida en Vancouver (0-3) o pasado sábado, Piette disputou os últimos 20 minutos do choque, que xa estaba sentenciado a favor dos mexicanos.