RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Clausurado o segundo trimestre da Escola RC Deportivo

O segundo trimestre da Escola RC Deportivo en Alvedro, Cee, Outes e Colegio Internacional Eirís pechouse ao longo do pasado mes de marzo.

Ademais, entre os meses de xaneiro a marzo tamén iniciou os seus adestramentos a Escola RC Deportivo Colegio Jesuitinas, coa primeira edición desta actividade no centro educativo. Nela participan alumnos desde 1º a 6º de Primaria repartidos en tres quendas, de luns a mércores en horario de 17:30 a 18:30 horas.

Este trimestre, a Escola RC Deportivo bateu a súa marca de participación con máis de 200 nenos e nenas que adestran baixo a supervisión dos técnicos do RC Deportivo nas diferentes quendas, repartidos da seguinte maneira: 105 en Alvedro, 30 en Cee, 28 en Outes, 19 en Eirís e 23 en Jesuitinas.

As inscricións atópanse abertas durante todo o curso na web escola.rcdeportivo.es/gl e a participación mínima é dun mes. As clases finalizarán o próximo mes de maio coincidindo co calendario de actividade escolar.

Esta actividade pretende complementar a formación futbolística dos xogadores así como achegar o Dépor e o sentimento deportivista á poboación máis nova. Calquera outro club ou centro educativo interesado na Escola RC Deportivo pode solicitar información da mesma na dirección de correo electrónico escola@rdeportivo.es.