RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Compromiso internacional mañá xoves para Teresa Abelleira e Gaby

- Foto: www.instagram.com/franjolysborges -

Dúas das futbolistas internacionais do Deportivo ABANCA, Teresa Abelleira e Gaby, teñen mañá xoves compromiso con España sub-19 e Venezuela respectivamente.

Gaby inicia mañá xoves a Copa América feminina

Gabriela García 'Gaby', xogadora do Deportivo ABANCA, está convocada por Venezuela para disputar a oitava edición da Copa América feminina, que se celebra en Chile.

Na Primeira Fase, Venezuela, no Grupo B, ten como rivais a Brasil, Ecuador, Arxentina e Bolivia.

Mañá será o debut da 'Vinotinto', ante Ecuador na localidade de Coquimbo, a partir das 16:45.

Estes son os partidos da primeira fase para a selección de Venezuela:

Xoves 5 de abril
16:45: ECUADOR - VENEZUELA, no estadio Francisco Sánchez Rumoroso (Coquimbo)

Luns 9 de abril
16:45: VENEZUELA - BOLIVIA, no estadio Francisco Sánchez Rumoroso (Coquimbo)

Mércores 11 de abril
19:00: BRASIL - VENEZUELA, no estadio Diaguita (Ovalle)

Venres 13 de abril
16:45: ARXENTINA - VENEZUELA, no estadio Francisco Sánchez Rumoroso (Coquimbo)

Os dous primeiros clasificados de cada grupo acceden a un cuadrangular final, cuxas tres xornadas terán lugar o 16, 19 e 22 de abril no estadio A Portada da cidade da Serena e do cal sairá o campión.

Ademais, os dous primeiros clasificados terán billete para a Copa do Mundo Francia 2019, mentres que o terceiro accederá á repesca. Igualmente, o campión logrará a súa clasificación para os Xogos Olímpicos Tokio 2020 e o subcampión seguirá tendo opcións de acudir a Xapón a través dunha repesca. O catro primeiros tamén obterán pasaporte aos Xogos Panamericanos Lima 2019.

Teresa Abelleira ante a anfitrioa, República de Irlanda

Teresa Abelleira atópase coa selección española sub-19 no minitorneo de Róldaa Elite do Campionato de Europa da categoría, desde o pasado luns 2 de abril na República de Irlanda.

Mañá xoves, España enfróntase á anfitrioa, República de Irlanda, na segunda xornada de competición.

No debut ante Turquía o pasado luns, a futbolista do Deportivo ABANCA foi titular e xogou completo o partido, que se saldou con claro triunfo español (5-0).

A selección española que dirixe Pedro López ten o seguinte calendario de partidos:

Luns 2 de abril
ESPAÑA 5 - TURQUÍA 0

Xoves 5 de abril
19:00 (hora local): ESPAÑA - REPÚBLICA DE IRLANDA, en Turner's Cros (Cork)

Domingo 8 de abril
14:00 (hora local): AUSTRIA - ESPAÑA, en St. Colman's Park (Cobh)

O gañador de cada un dos 7 minitorneos farase cunha praza para a fase final. A anfitrioa Suíza completa os 8 competidores que loitarán polo título continental en terras helvéticas do 18 ao 30 de xullo.