RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Comunicado Real Club Deportivo de La Coruña SAD

En relación á "resolución de 21 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes admitidas, as suxeitas a emenda e as inadmitidas, presentadas ao amparo da Resolución de 3 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e convócanse para o ano 2018 (código de procedemento PR945 C)", publicada no DOG Núm. 125 do luns, 2 de xullo de 2018 na que se inadmite a solicitude do Real Club Deportivo de La Coruña SAD por "non estar ao día no pago de débedas tributarias en período executivo",

o Real Club Deportivo da Coruña SAD, quere aclarar:

- Que se atopa ao corrente de todas as súas obrigacións tributarias coa AEAT (ligazóns aos dous últimos certificados positivos solicitados: certificado 25 maio 2018 · certificado 2 de xullo de 2018).

- Que se atopa tamén ao corrente das súas obrigacións tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia; aínda que se recibiu unha reclamación de pago relativa á subministración de auga na Cidade Deportiva de Abegondo non abonada entre 2012 e o primeiro trimestre de 2014, cuxa suma ascende a 2.545,35 € + 10% de recarga. (Requirimento de data 4 de maio de 2018, notificado ao Deportivo mediante Providencia de Prema de data 18 de abril de 2018).

- Que o Real Club Deportivo da Coruña SAD entende que parte da contía reclamada trátase de débeda concursal que o Club ten a obrigación legal de abonar segundo o plan de pagos do concurso de acredores. Por iso, solicitouse no correspondente recurso de reposición interposto ante a Axencia Tributaria de Galicia, que se emita unha nova carta de pago, que se abonará pola contía corrixida no momento no que se reciba.

Na seguinte ligazón pode consultarse o recurso de reposición de 22 de maio de 2018 presentado polo Real Club Deportivo da Coruña SAD.