RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Empate agridoce do Xuvenil A en Oviedo, no arranque da División de Honra

O Xuvenil A tráese un punto na súa visita ao Real Oviedo (2-2) en partido correspondente á 1ª xornada na División de Honra.

O resultado deixa un sabor de boca agridoce para os pupilos de Manuel Pablo, actuais campións de España. Por unha banda, o equipo mostrou unha gran capacidade de reacción após encaixar dous goles na primeira metade.

Urdiales e Nájera puxeron as táboas tralo descanso; e o Xuvenil A tivo ocasións suficientes a partir de aí para lograr a vitoria. Faltou puntaría e fortuna.

Xuvenil A: Brais, Quique Teijo, Manu Rivas, Seydiba, Mauro, Rubén, Nacho, Urdiales, Martín Ochoa, Nájera e Padín. Tamén xogaron: Hugo Baldomar, Garaboa e Pablo Trigo.

A próxima semana, o CD Bezana visita Abegondo, o domingo 12 de setembro ás 12:00 horas.