RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Equilibrio entre CD Lugo e Alevín na segunda xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once

O CD Lugo e o Alevín deportivista empataron (2-2) na segunda xornada no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

Martín Forján e Iago Lameiro foron os autores dos goles branquiazuis nun partido moi equilibrado.

Con este marcador, o Alevín suma 4 puntos de 6 posibles.

Alevín: Martín, Javi Barral, Hugo, Nico, Guille, Lucas Vázquez, Gabri, Martín Forján, Raúl, Iago Lameiro e Iago Varela. Tamén xogaron: Lucas López, José Quiroga, Álvaro e Antón.

A próxima fin de semana, o Alevín recibe en Abegondo ao CD Calasanz.

Os resultados do Alevín nesta competición son os seguintes:

Alevín 9 (Raúl -3-, José Quiroga, Nico, Iago Varela, Guille, Pablo Vara e Antón) - Atlético Coruña Montañeros CF 1
CD Lugo 2 - Alevín 2 (Martín Forján e Iago Varela)