RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fabricio: Cada fin de semana tes que xogar o mellor partido da túa vida

Fabricio aseguró esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que "cada fin de semana tes que xogar o mellor partido da túa vida. Mentalizarche de que é unha final, de que temos que dalo todo e que non podemos regalar a más m&iacut

Cre que ao equipo, ante o Xetafe, "non lle falta intensidade. Unha mostra de que tivemos intensidade é que a balón parado estivemos moi ben. Non nos crearon perigo cando noutros partidos víñannos creando moitísimo perigo. Quero pensar que pode ser máis de tomar mellores decisións, de decidir mellor".

O vestiario, segundo Fabricio, é consciente que "nos vai a custar moitísimo. As dúas veces que o equipo subiu descendeu e vives con éso. E a xente ten iso presente na cabeza, tanto a afección, como os xogadores. Somos conscientes da situación que atravesa o Club, economicamente e que é vital manter a categoría. E ese é o noso obxectivo. Temos que mentalizarnos de que temos que partirnos a cara, suar a camiseta e pelexar a morrer cada fin de semana. Non podemos dar a máis mínima opción nin vantaxe ao adversario".