Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete A, con compromiso estival esta semana
Varios equipos de #ANOSACANTEIRA teñen esta semana compromiso de pretemporada: Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete A.
Sen dúbida, o partido estrela será a visita do Fabril ao Pontevedra, este venres 10 de agosto ás 20:30 horas en Pasarón. Será unha dura proba para os pupilos de Tito Ramallo de cara ao comezo de liga.
O equipo co calendario máis cargado é o Xuvenil A, con cita en San Tirso (mañá mércores 8), Cee (sábado 11) e O Val (domingo 12).
No caso deste último compromiso, será con motivo do Torneo Sinde's Cup no campo de Sinde do Val (Narón). O Xuvenil A mídese ao Ural en semifinais (10:30). O gañador xogará a final (19:00) ante o vencedor da outra semifinal, que disputarán ás 12:00 o Racing de Ferrol e o Celta.
As entradas custan 6 euros (xornada de mañá e tarde) ou 4 euros (ou ben para a mañá ou ben para a tarde).
Finalmente estréase o Xuvenil B cun torneo en Monforte este sábado 11 de agosto. O seu primeiro rival (18:30) será o CD Calasancio, conxunto anfitrión.
Tamén debutará este verán o Cadete A este venres cun partido fronte ao xuvenil do Bergantiños. O partido será en Abegondo a partir das 18:00 horas.
O calendario de amigables é o seguinte:
Segunda División B PONTEVEDRA - FABRIL, venres 10 de agosto ás 20:30 en Pasarón (Pontevedra)
Categoría xuvenil SAN TIRSO - XUVENIL A, mañá mércores 8 de agosto ás 20:00 horas no campo do Monte (San Tirso) CEE (Segunda Autonómica) - XUVENIL A, sábado 11 de agosto ás 18:00 no campo Sampaio de Refoxos (Cee)
3er Torneo Xuvenil Sinde's Cup no campo de Sinde (O Val) Domingo 12 de agosto Semifinal 10:30: XUVENIL A - URAL O gañador xogará a final (19:00) fronte ao vencedor da outra semifinal (Racing de Ferrol ou Celta); e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (17:30 horas).
Torneo do CD Calasancio en Monforte Sábado 11 de agosto Semifinal 18:30: CD CALASANCIO - XUVENIL B O gañador xogará a final (20:30) fronte ao vencedor da outra semifinal (Racing Villalbés ou Pabellón)
Categoría cadete CADETE A - BERGANTIÑOS A (juvenil), venres 10 de agosto ás 18:00 en Abegondo (campo 6)