RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal: ''a cidade, a afección, todo o mundo ten que estar connosco''

  Fayçao Fajr cre que o partido deste sábado en Riazor ante o Levante (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) "é moi importante. Temos que xogalo como unha final. Sabemos a importancia que ten este partido e estamos

Sobre o refacho de partidos do equipo sen gañar, recoñece Fayçal que "non o falamos moito no vestiario. Cada un sabe que hai moito tempo que non gañamos. Nós en cada partido queremos dar o mellor, queremos gañar".
 
Insiste o atacante deportivista que "en todos os partidos tivemos o noso momento. Pero hai que seguir traballando. Imos gañar un partido... ou máis (chancea)".
 
Do Levante, Fayçal lembra que "acaba de gañar o derbi coa Valencia. Agora todos os partidos son importantes e máis este, porque eles quérense salvar, necesitan os puntos. Están abaixo. Eles tamén se xogan unha final. Non quero falar moito do rival pero seguro que eles veñen gañar, saben que hai moito tempo que non gañamos".
 
Asegura que o vestiario deportivista "está ben. Estamos xuntos. No vestiario vívese ben (este refacho sen gañar), non hai nada importante. Agora tócanos gañar e nada"máis .