RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal e Celso Borges participaron nas vitorias de Marrocos e Costa Rica

- Foto: Teletica.com-   Os deportivistas Fayçao e Celso Borges gañaron onte venres 27 de maio os partidos amigables coas súas respectivas seleccións nacionais: Marrocos e Costa Rica.

Fayçal xogou a segunda parte en Tánxer
 
A Selección Marroquí de Fútbol dobregou (2-0) ao Congo en partido amigable que se xogou en Tánxer.
 
Fayçal arrincou o partido no banco. Tras o descanso, o centrocampista branquiazul relevou a Mounir Obbadi e disputou pois os segundos 45 minutos.
 
O vindeiro venres 3 de xuño, xa en partido clasificatorio para a Copa de África 2017, Marrocos mídese a Libia. O choque arrinca ás 19.00 (hora local) en Rades (Tunes).
 
Celso Borges, titular ante Venezuela
 
Celso Borges disputou esta pasada madrugada (en España) un partido amigable ante Venezuela no Estadio Nacional de Costa Rica en San José.
 
O  mediocentro deportivista foi titular e disputou 63 minutos de partido, ata que foi relevado por Tejada. Participou activamente no triunfo de Costa Rica (2-1), a pesar de que os venezolanos se adiantaron no minuto 29.
 
Este amigable serviu para preparar a Copa América Centenario 2016, que se xogará en Estados Unidos durante o mes de xuño. O calendario de Costa Rica na Primeira Fase é o seguinte:
 
Sábado 4 de xuño
COSTA RICA - PARAGUAI, en Orlando
 
Martes 7 de xuño
ESTADOS UNIDOS - COSTA RICA, en Chicago
 
Sábado 11 de xuño
COLOMBIA - COSTA RICA, en Houston
 
Os dous primeiros clasificados accederán a cuartos de final, do 16 ao 18 de xuño. As semifinais xogaranse o 21 e 22. O 25 de xuño está previsto o partido polo terceiro e cuarto posto; mentres que a final celebrarase o 26 de xuño en Nova York.
 
Sam Piette, citado para unha concentración de Canadá
 
O fabrilista Sam Piette foi convocado por Canadá para unha concentración da selección en Austria, do luns 30 de maio ao mércores 8 de xuño.
 
Durante este período, a selección canadense ten previsto xogar dous amigables, os dous en Austria: ante Azerbaiján, o venres 3 de xuño no Stadion Rohrbach en Rohrbach An Der Lafnitz (19.00); e fronte a Usbequistán, o martes 7 de xuño en Thermenstadion da localidade de Bad Waltersdorf (16.00).