RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal, preconvocado por Marrocos

Fayçao Fajr foi preconvocado por Marrocos para unha eliminatoria ante Cabo Verde, clasificatoria para a Copa de África 2017.

O partido de ida será o sábado 26 de marzo en Cabo Verde e a volta, o martes 29 en Marrocos.

Nos próximos días, a Federación Marroquí de Fútbol dará a coñecer a listaxe definitiva.

Borges, con Costa Rica

Celso Borges regresa tras superar a súa lesión á selección de Costa Rica para disputar dous partidos oficiais, clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018, durante este mes de marzo.

Así, a selección costarriqueña visitará a Xamaica en Kingston o venres 25 de marzo. Catro días máis tarde, o martes 29, será o partido de volta, en San José.

O mediocentro deportivista viaxará á concentración o domingo 20 de marzo, tras o partido en Riazor ante o Levante, previsto para o sábado 19 de marzo (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol).