RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

Futbolistas do Dépor, Dépor ABANCA, ANOSACANTEIRA e Dépor Genuine presentarán este mércores en Marineda City a colección Kappa 23/24

O vindeiro mércores, 4 de outubro, a partir das 20:00 h., Marineda City acollerá a presentación da colección Kappa 23/24 do RC Deportivo, cuxos diferentes equipamentos lucirán xogadores e xogadoras do Dépor, Dépor ABANCA, #ANOSACANTEIRA e Dépor Genuine.

A cita terá lugar na praza Emilia Pardo Bazán, na planta 0 do centro comercial.

Varias das novas fichaxes do Dépor e do Dépor ABANCA, ademais dalgúns futbolistas de #ANOSACANTEIRA e do Dépor Genuine, lucirán a nova colección nun acto no que os afeccionados poderán coñecer a algunhas das caras novas dos equipos branquiazuis e optar a premios, consistentes en produtos oficiais do Club e abonos para a temporada 2023-2024.

O evento contará coa actuación especial do Mago Rafa, cun espectáculo creado especificamente para a presentación.

Marineda City, propiedade de MERLIN Properties e situado na Coruña e inaugurado en 2011, é o centro comercial máis grande de Galicia, con preto de 200 establecementos, e segundo en SBA de España. Marineda City, patrocinador do RC Deportivo desde hai case unha década, consolidouse como o centro comercial de referencia no noroeste peninsular, no que o 22 de agosto de 2014 abriu a segunda DéporTienda.

/* Bot imbee */