RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Imanol Idiakez: Hoxe vimos como empuxa ABANCA-RIAZOR

Imanol Idiakez quedou na sala de prensa "coa alegría do final. Hoxe vimos como empuxa ABANCA-RIAZOR a favor do equipo. Os últimos minutos leváronnos polo aire. É unha gran noticia esa enerxía que sentimos no campo os futbolistas".

Tamén queda "co traballo do equipo ante un rival complicadísimo, un grandísimo equipo a Real B. Xoga de marabilla e ten xogadores que imos ver pronto en Primera División. Algúns xa debutaron mesmo en Champions".

O técnico deportivista admite que "a partir da expulsión de Jose Ángel eles tiveron máis balón. Iamos con 2-0, unha vantaxe importante e ese tropezo de Jose, que se escorregou, veu o seu gol e a partir de aí sufrimos. Unha vez que o expulsaron gustoume moito o traballo do equipo cun menos. Fomos capaces de non conceder nada. Estou contento polo resultado, polo traballo do equipo, polos dous goles de Lucas que nos facían falta a todos e pola alegría de #ANOSAFORZA. Foi unha boa noite".

Advertiu ademais que a estrutura da Real Sociedad B é "moi difícil. Eu xoguei moitas veces con ela. É moi difícil de quitarlles o balón porque teñen moita xente por dentro en superioridade, os 3 centrais máis os 4 por dentro, 2 mediocentros e 2 enganches. Suxeitas todo por fóra cos carrís. Se non saltas en boas distancias resulta difícil".

Pola súa banda, Sergio Francisco, adestrador da Real Sociedade B, viu gol legal o tanto anulado ao seu equipo que supuxese o 2-2 no marcador e ten "a sensación de que merecemos puntuar".