RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Inscrita no Rexistro Mercantil a cuarta fase da ampliación de capital

  O Real Club Deportivo da Coruña S.A.D., inscribiu no Rexistro Mercantil da Coruñá cuarta fase da ampliación de capital aprobada pola Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Accionistas do Club celebrada o pasado 25 de nov

A esta cuarta fase da ampliación de capital (entre o 1 de abril e o 31 de agosto de 2016) acudiron un total de 37 accionistas que subscribiron un total de 231 accións, de 60,10 euros de valor nominal cada unha delas, representando un total de TRECE MIL OITOCENTOS OITENTA E TRES EUROS CON DEZ CÉNTIMOS (13.883,10 euros).
 
Actualmente, atópase aberta a quinta e última fase da ampliación de capital. Trátase dunha fase de carácter totalmente aberto, e en virtude da cal, calquera terceiro poderá converterse en accionista da Entidade. En calquera caso, como recolle o Informe do Consello de Administración sobre a ampliación de capital, o límite de investimento por Accionista nas fases 2, 3, 4 e 5 será de 1.500 novas accións, isto é, a cantidade máxima de 90.150 euros. Esta quinta fase abriuse o 1 de setembro de 2016 e péchase o 31 de xaneiro de 2017.