RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lendoiro: O selo do Centenario será un vínculo que unha aínda máis ao Club co deportivismo

Augusto César Lendoiro e Ricardo Martínez Bereijo, Delegado Territorial de Correos e Telégrafos, foron os encargados de presentar este luns pola noite na Praia Club o selo conmemorativo do Centenario do Real Club Deportivo.

Ao acto asistiron a práctica totalidade do persoal deportivista, corpo técnico e Consello de Administración, así como unha nutrida presenza de empregados do Club e persoal de Correos e Telégrafos.
O selo reproduce en papel estucado e engomado o logotipo do Centenario. A empresa postal realizou unha tirada de 600.000 exemplares en formato 40,9 X 28,8 mm., cun valor de 0,57 euros. Ademais, estreouse na Praia Club o matasellado especial de primeiro día de circulación que se utilizará na Oficina Principal da Coruña situada en cálea Alcalde Manuel Casas.
O Presidente deportivista quixo agradecer a xestión do Conselleiro do Deportivo, Manuel Montiel, e as facilidades que deu Correos para a realización do selo. Recalcou Lendoiro que "con ésto increméntase o vínculo que une ao Club co deportivismo, en toda Europa e noutros continentes por exemplo en Marrocos, onde temos moitos simpatizantes".
En representación de Correos, o seu Delegado Territorial, Ricardo Martínez Bereijo, lembrou que ademais do Deportivo, outros clubs teñen tamén o seu selo conmemorativo do seu Centenario: Recreativo de Huelva, Sporting de Xixón, Real Madrid, Barcelona, Sevilla, Real Unión de Irún...