RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lopo di que os futbolistas branquiazuis afrontan o derbi 'ilusionados'

Alberto Lopo confesó esta mañana en rolda de prensa en Abegondo que os futbolistas branquiazuis afrontan o derbi ante o Lugo deste sábado (18.15 horas, A Sexta) no Ángel Carro "ilusionados, con ganas de facer un bo partido

Precisamente, do choque do pasado sábado, Lopo indica que "foi un partido non para esquecer, porque hai que sacar as cousas negativas, que houbo moitas. O equipo non estivo cómodo en ningún momento. Xa se viu desde o primeiro minuto que estabamos bloqueados".

Asegura un dos futbolistas con máis experiencia do persoal que "tampouco podemos depender dos rivais. Temos que saír a gañar, nesa liña. Se cremos que está todo feito, ímolo a pasar mal. Sería unha mágoa porque falta pouco para acabar".

Por iso mesmo, insiste en que o vestiario pensa "só en gañar en Lugo. O facer contas ou números non creo que sexa bo para nós".

Centrado en lograr a meta co Dépor, o central branquiazul aparca calquera pregunta sobre a próxima tempada: "Lopo pensa no partido do Lugo, en subir, en ascender e en ser feliz. A iso vin aquí, e de momento grazas a deus está a ser así".