RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Os soños cúmprense traballando día a día

Miguel Ángel Lotina indicó esta mañana en rolda de prensa que "pensar en obxectivos a medio e longo prazo sópódeno traer distraccións". O técnico vasco non quere pois ningún tipo de euforia e avoga por i

O adestrador do Deportivo cre que a clasificación é enganosa en canto ao tres últimas posicións, que ocupan agora mesmo o Osasuna, o Espanyol e o Mallorca, rival este domingo no Ono Estadi a partir das 17.00 horas: "A liga é moi longa e apóstome o que sexa a que polo menos un do tres ou o tres vanse a salvar".

Sobre as renovacións, deu a entender que xa dera o okey a Augusto César Lendoiro, Presidente do Club, para tratar a renovación co seu axente Iñaki Ibáñez: "El (polo seu axente) anda leado estes días e non se cando poderá facer un oco para falar"; e desmentiu cun rotundo "non" que a súa renovación dependa da doutros xogadores do persoal que tamén acaban contrato e cos que o Club xa mantivo diversas conversacións: Manuel Pablo, Sergio, De Guzmán ou Verdú. "Asino por quedar terceiro na clasificación e que se marchen todos", engadiu mesmo.