RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina ve ao Dépor ''ben, pero hai cousas que temos que mellorar''

Miguel Ángel Lotina se mostró satisfeito polo xogo do equipo no que vai de tempada. "Ben, estivemos a bo nivel, pero hai cousas que mellorar", añadió o técnico vasco.

A continuación pasou a explicar un detalle "no que estamos a insistir nestes últimos días. Cando nos meten un gol, descompómonos. Ímonos arriba con moitos xogadores e damos demasiadas facilidades para que nos metan o segundo", indicou.

Tamén desvelou Lotina que o Dépor adiantouse ao Xetafe fai dous veráns para a súa contratación: "É certo que estiven a falar con Anxo Torres. E ese día xa me chamou Lendoiro. Fíxome tilín o Dépor".

Pola súa banda, Juan Rodríguez cre que o partido de mañá en Xetafe "vai ser moi complicado porque eles teñen un equipo de xente que xoga moi ben ao fútbol". Avoga o centrocampista andaluz porque o equipo siga vivo en tres competicións "porque iso é moi bonito e importante para o persoal e o Club".