RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas estréase a balón parado para dar un punto máis ao Dépor (1-1)

  O RC Deportivo cosechó o seu séptimo empate na liga, ante o Sevilla FC en Riazor, nun encontro que desniveló Lucas Pérez na primeira metade co seu primeiro gol de libre directo e que equilibró Vicente Iborra n

O técnico deportivista, Víctor Sánchez do Amo, apostou por unha aliñación practicamente similar á que logrou a vitoria nos dous últimos encontros de Liga, ante Celta e As Palmas. A única novidade foi a entrada de Oriol Rise en lugar de Jonathan Rodríguez.

Comezou frío o partido, xeado igual que o terreo de xogo do municipal herculino. O único cambio na formación inicial branquiazul desfíxose ao dez minutos, ao lesionarse Oriol Rise.
 
A primeira ocasión chegou pouco despois. O Sevilla dispuxo dunha falta no flanco esquerdo, que Yevhen Konoplyanka estrelou no lateral da rede da portaría de Germán Lux. Dous minutos despois, respondía o Dépor. Lucas Pérez trazou unha diagonal desde o extremo dereito, tirou unha parede con Jonathan e a súa man a man con Sergio Rico desviouno a saque de esquina a meta andaluz.
 
No minuto 22, Jonathan Rodríguez, moi activo desde o seu ingreso, adiantouse a Rami na loita por un balón. O defensa francés cargou ilegalmente sobre o uruguaio. A falta botouna Lucas, buscando o pau do porteiro, por baixo. O forte golpeo e o veloz bote debido ao estado do céspede venceron a resistencia de Sergio Rico, a pesar de que o cérbero chegou a tocar o esférico. O dianteiro do Barrio das Flores sumou deste xeito o seu décimo tanto na liga, o primeiro de libre directo desde que milita no club branquiazul tras estrelar varios lanzamentos nos paus.
 
Non foi ata a media hora que respondeu o Sevilla, nunha chegada pola dereita de Gameiro, cuxo centro rematou acrobáticamente Konoplyanka por encima do traveseiro. O conxunto hispalense empezou a monopolizar a posesión e a merodear a área coruñesa. No minuto 33 foi Kevin Gameiro quen rematou, lanzándose ao chan, un centro raso de Escudeiro. O esférico marchouse lamiendo o pau esquerdo da portaría de Lux.
 
Sen cambios en ningún dos dous equipos arrincou a segunda parte. E fíxoo cunha primeira chegada do Dépor ao contragolpe. Jonathan Rodríguez recolleu un servizo en profundidade de Cani pero o seu remate foi directo ás mans de Sergio Rico. Repetiu o charrúa a piques de cumprirse o minuto 50, ao empalmar de volea un rexeite da defensa sevillista. O seu lanzamento cruzado marchouse pola liña de fondo.
 
Víctor tratou de reforzar o sistema defensivo coa incorporación de Laure por Cani. O madrileño, que disputou o seu partido número 100 en Primeira División, todos eles coa zamarra branquiazul, sendo o 58º deportivista en alcanzar tal cifra, situouse como lateral dereito. Juanfran adiantou a súa posición a mediocampo. 
 
Minutos antes, Unai Emery introducira dúas substitucións ao unísono. Fernando Llorente foi un deles. O dianteiro baixou de cabeza un balón que enganchou de volea Gameiro, en posición inmellorable á entrada da área, pero o esférico marchouse alto. Poucos minutos despois, ao fío do 20 da segunda metade, Krychowiak tentouno cun disparo afastado. Un mal bote impediu que Lux atallase en primeira instancia, pero fíxoo en dous tempos, moi áxil, ante a presión de Gameiro.
 
Xusto á media hora produciuse outro achegamento do equipo herculino. Esta vez nun disparo raso á media volta de Lucas que detivo o cérbero visitante. Inmediatamente, no minuto 76, chegou o empate para os hispalenses. Vicente Iborra, que acababa de substituír a Steve N'Zonzi, aproveitou a deixada co peito de Llorente tras unha xogada a balón parado desde o extremo dereito do ataque visitante.
 
No último cuarto de hora, ningún dos dous equipos dispuxo de ocasións claras para levar o tres puntos e o encontro concluíu co empate a un tanto. Pedro Mosquera foi amoestado preto do final, motivo polo cal se perderá o encontro do Camp Nou por acumulación de cartóns amarelos. Con este resultado, o Dépor, que é xunto a Barcelona, Atlético e Real Madrid o equipo con menos derrotas (2), suma 22 puntos en 14 xornadas e continúa na quinta praza á espera do que ocorra nos encontros do domingo. 
 
RC Deportivo: Lux, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Cani (Laure, min. 59), Álex Bergantiños, Pedro Mosquera, Luisinho (Fayçal Fajr, min. 68), Lucas e Oriol Rise (Jonathan Rodríguez, min. 10).
 
Sevilla FC: Sergio Rico, Mariano, Rami, Kolodziejczak, Escudeiro, Krychowiak, N'Zonzi (Iborra, min. 70), Vitolo (Reyes, min. 55), Krohn-Dehli, Konoplyanka (Llorente, min. 55) e Gameiro.
 
Goles: 1-0 Lucas (min. 22); 1-1 Iborra (min. 76).
 
Árbitro: De Burgos Bengoetxea (c. vasco). Amoestou a Cani (min. 9), Kolodziecjzak (min. 24), Krychowiak (min. 55), Iborra (min. 73) e Pedro Mosquera (min. 87).
 
Incidencias: partido da 14ª xornada de Primeira División disputado no Estadio de Riazor ante 25.013 espectadores.