RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas Pérez será presentado o martes ás 7 en ABANCA-RIAZOR, onde adestrará a porta pechada o equipo pola mañá

O RC Deportivo volve ao traballo mañá martes 3 de xaneiro de 2023 cun cambio na programación inicialmente publicada. O equipo de Óscar Cano, xa con Lucas Pérez ás súas ordes, exercitarase desde as 10:30 h. no Estadio ABANCA-RIAZOR nunha sesión a porta pechada.

Unhas portas que se abrirán ás 18:30 h. da tarde para acoller a presentación oficial de Lucas como novo xogador Deportivista. As portas habilitadas do Estadio ABANCA-RIAZOR serán a 2, 3, 28 e 29 (Tribuna Inferior, rúa Manuel Murguía), con acceso para mobilidade reducida polo punto de control de Pavillón.

O dianteiro coruñés saltará ao terreo de xogo ás 19:00 h. e posteriormente atenderá ao Deportivismo a pé de campo para asinar autógrafos e realizarse fotos con todas as persoas afeccionadas que o desexen.

Previamente, realizará a súa primeira rolda de prensa tralo regreso a casa, desde as 18:00 h.