RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luisinho:''Xogamos en casa, coa afección do noso lado e toca conseguir o tres puntos''

O lateral deportivista Luisinho compareció en rolda de prensa en Abegondo, coa mente xa posta na visita do Xetafe a Riazor de mañana venres 31 de outubro (20.45 horas).

Espera Luisinho "un partido difícil. Traballamos ben. Sabemos que é unha semana curta porque o partido é en venres pero estamos preparados para conseguir o tres puntos".

Do seu estado físico, asegura sentirse "ben. Levei un golpe contra o Espanyol que me limitou bastante. Pero estou recuperado. Agora a ver como me atopo para o partido".

Ante o Xetafe, Luisinho cre que "cada partido ten a súa historia. Nós contra a Valencia xogamos ben, un partido perfecto. Contra o Espanyol non xogamos ben. Tivemos a sorte esta vez do noso lado. Co Xetafe é outro partido, son partidos distintos e estamos preparados para éso. Queremos conseguir o tres puntos".

Do conxunto madrileño, opina o defensor deportivista que "é un equipo difícil. De mediocampo cara arriba ten xogadores rápidos. Estamos preparados para éso. Xogamos en casa, ante un adversario directo, e temos que gañar".

Sostén que "despois da vitoria ante a Valencia e o empate ante o Espanyol, que é positivo para nós, agora xogando en casa co Xetafe temos que gañar. Iso está claro. Xogamos en casa, temos á afección do noso lado e tócanos asumir o partido e conseguir o tres puntos porque a liga é longa e vannos a facer falta".