RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lux: O que queriamos conseguímolo, que era darlle unha alegría á xente

Poroto Lux compareció esta tarde na sala de prensa de Abegondo e aseguró aos medios de comunicación que "estamos contentos porque teníamos moita ilusión, a mesma ilusión que tenía toda a afición

Opina que despois de varios partidos sen gañar, o triunfo "chegou no momento xusto. no derbi, facendo un bo partido e de face á nosa afección que encheu o estadio como o fai habitualmente, e alentou todo o partido. Nós agradecidos a iso e contentos polo tres puntos, que suman xa 18. E xa nos imos achegando máis ao obxectivo que é a permanencia".

Parar o penalti a Nolito, que supuxese o 1-1 no marcador, "cando terminou o partido si que foi un momento importante (na miña carreira) porque se o partido termina perdendo se cadra non se fala tanto ou non se falaría tanto de parar un penalti. O que significou foi importante porque o equipo seguiu gañando o partido ata case o final. O equipo fixo un traballo enorme. Nós estudamos todas as cousas. Demais está dicir que tamén os penaltis, porque sabiamos onde executan a maioría dos penais todos os xogadores do Celta que podían tiralos".

Ve o triunfo do sábado como "sumar tres puntos, que para o que buscamos nós, que é a salvación canto antes, vénnos moi ben. O equipo compite en todos os partidos. E iso é co que quedamos nós, en seguir sumando e facer bo todos eses empates que viñamos sacando e non podiamos gañar. E despois está a outra visión, a da afección, a da xente, a da ilusión que eles teñen e que nos transmiten. Grazas a deus que puidemos darlle unha alegría".