Un dos capitáns do Deportivo, Mauro Silva, pediu hoxe en rolda de prensa
confianza para o equipo. "Sempre temos unha mala serie de resultados
no medio de cada tempada e ao final acabamos ben", lembra o
internacional brasileiro, quen se referiu claramen
"Hai pouco o club estaba en Segunda División e non hai
máis que fixarse no que se conseguiu nestes anos. Hai que ser máis
equilibrado nestas manifestacións", razoou Mauro Silva. Iso si, o
centrocampista recoñece que o equipo ten "problemas creativos. Non está Fran,
Valerón estivo lesionado e Djalminha xa non está aquí", apunta Mauro. Pola súa banda, Sergio, que lle quitou calquera tipo de transcendencia ás
declaracións de Luque e de Javier Irureta do pasado luns, cre que é debido
á "gran ambición que ten o equipo. Ás veces sucede que nos pase isto. Está
claro que os primeiros interesados en que todo marche ben somos nós",
matizou o centrocampista catálán.