Michelle Romero, novidade na lista do Deportivo ABANCA para visitar ao UD Llanera
Despois do seu convincente triunfo da pasada fin de semana en Ponte dos Brozos (Arteixo) ante o CD Monte, un Deportivo ABANCA repleto de confianza visita mañá sábado 17 de marzo ao UD Llanera, ás 17:45 no campo municipal Pepe Quimarán (Llanera, Asturias).
O partido corresponde á 22ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional. O equipo branquiazul é líder do grupo con 61 puntos, con 1 de vantaxe sobre o Oviedo Moderno, que ten 60 puntos.
Manu Sánchez, técnico deportivista, citou ás seguintes futbolistas: Anita, Sheila, Laura, Lía, Mérida, Jone, Kika, Cris, Peke, Oreiro, Gaby, Sara, Teresa, Raquel, Patri e Michelle Romero, que entra por primeira vez nunha convocatoria do primeiro equipo.
A internacional venezolana estreouse a pasada fin de semana co Deportivo ABANCA B, e marcou ademais un dos goles deportivistas ao Atlético Arousana.