RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Nixeria agarda mañá xoves a España, con Nuria Rábano, en cuartos do Mundial sub-20

- Foto: @SeFutbolFem -

A dianteira do Deportivo ABANCA Nuria Rábano está concentrada coa selección española sub-20, na Copa do Mundo da categoría, que se celebra na Bretaña francesa.

Mañá xoves 16 de agosto, ás 16:00 horas no estadio Guy-Piriou (Concarneau), España mídese a Nixeria en cuartos de final.

O combinado nacional xogouse o pase o pasado luns ante Estados Unidos, no estadio Clos Gastel (Dinan/Léhon).

O combinado nacional meteuse na seguinte fase como primeiro de grupo ao empatar (2-2) coas norteamericanas, que por primeira vez na historia quedan fóra na primeira rolda dunha competición que venceron en tres ocasións (2002, 2008 e 2012).

Tralo descanso dese encontro, Pedro López, técnico español, fixo debutar á deportivista Nuria, que no minuto 59 saltou ao céspede en substitución de Lucía García.

Nos outros dous partidos da Primeira Fase, o combinado nacional superou (1-0) a Xapón e goleou a Paraguai (1-4). En ambos os encontros, Nuria Rábano seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O calendario de España no grupo C, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de agosto
PARAGUAI 1 - ESPAÑA 4

Xoves 9 de agosto
ESPAÑA 1 - XAPÓN 0

Luns 13 de agosto
ESPAÑA 2 - ESTADOS UNIDOS 2

Cuartos de final
Xoves 16 de agosto
16:00: ESPAÑA - NIXERIA, no estadio Guy-Piriou (Concarneau)