RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
11 mai 1988

Non foi admitida a candidatura de Porto Castiñeira

Despois de máis de dúas horas de reunión e reconto das papeletas presentadas polo único candidato á presidencia do Real Club Deportivo, José Manuel Porto Castiñeira, o secretario da xunta electoral, José Manuel Díaz, deu lectura ao seguinte comunicado.

Realizado o reconto provisional das 725 papeletas presentadas polo candidato, señor Porto Castiñeiras, é o seguinte: Papeletas e avais válidos, 477. Papeletas e avais nulos, 248... Dado que eran necesarias 577 papeletas aval, non pode admitirse esta candidatura e ábrese un novo proceso electoral, que se convocará mañá, con prazo de presentación de candidaturas ata o 25 de maio e eleccións o día 30...