RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A suma e segue á fronte do subgrupo A de Primeira A Coruña

O Benxamín A suma e segue á fronte do subgrupo A de Primeira A Coruña, neste caso cun claro triunfo (0-8) ante o Orillamar SD, en partido correspondente á 6ª xornada.

Martín López -2-, Jorge Fernández -2-, Hugo Macedo -2-, Brais Martínez e Hugo Luaces foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Benxamín A manda en solitario no subgrupo con 18 puntos de 18 posibles.

Benxamín A: Roque Martínez, Brais Martínez, Yoel, Hugo Macedo, Hugo Pousa, Jorge Fernández, Iván Gil e Martín. Tamén xogaron: Hugo Luaces e Roi Castro.

A próxima fin de semana, o Benxamín A enfróntase ao Atlético Coruña Montañeros CF.

Os resultados até a data do Benxamín A son os seguintes:

Benxamín A 9 (Iván Gil -3-, Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Hugo Macedo -2-) - Imperátor OAR 0
CD Calasanz 0 - Benxamín A 2 (Álvaro Gómez -2-)
Benxamín A (Jorge Fernández -3-, Martín -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - CF Deportivo Orzán 0
Fabril FC Benxamín 1 - Benxamín A 13 (Hugo Luaces -4-, Álvaro Gómez -3-, Martín López -2-, Nacho Villanueva, David Gómez, Iván Gil e Hugo Macedo)
Benxamín A 4 (Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo -2-) - Victoria CF A 1
Orillamar SD 0 - Benxamín A 8 (Martín López -2-, Jorge Fernández -2-, Hugo Macedo -2-, Brais Martínez e Hugo Luaces)