RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A suma tres novos puntos á conta do Ural Español CF

O Benxamín A, líder destacado do subgrupo A de Primeira A Coruña, sumou tres novos puntos a costa esta vez do Ural Español CF (0-5), en partido correspondente á 8ª xornada.

Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva, Hugo Luaces e Iván Gil foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Benxamín A alcanza os 24 puntos de 24 posibles á fronte da táboa. Segundo é o Victoria CF A con 15 puntos e un partido menos xogado.

Benxamín A: Roi Castro, Brais Martínez, Hugo Macedo, Iván Gil, Jorge Fernández, Nacho Villanueva, Álvaro Gómez e Hugo Pousa. Tamén xogaron: Roque Martínez, David Gómez, Martín, Yoel e Hugo Luaces.

A próxima fin de semana toca xornada de descanso para o Benxamín A.

Os resultados até a data do Benxamín A son os seguintes:

Benxamín A 9 (Iván Gil -3-, Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Hugo Macedo -2-) - Imperátor OAR 0
CD Calasanz 0 - Benxamín A 2 (Álvaro Gómez -2-)
Benxamín A (Jorge Fernández -3-, Martín -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - CF Deportivo Orzán 0
Fabril FC Benxamín 1 - Benxamín A 13 (Hugo Luaces -4-, Álvaro Gómez -3-, Martín López -2-, Nacho Villanueva, David Gómez, Iván Gil e Hugo Macedo)
Benxamín A 4 (Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo -2-) - Victoria CF A 1
Orillamar SD 0 - Benxamín A 8 (Martín López -2-, Jorge Fernández -2-, Hugo Macedo -2-, Brais Martínez e Hugo Luaces)
Benxamín A 11 (David Gómez -2-, Nacho Villanueva -3-, Hugo Macedo -2-, Martín -2-, Hugo Pousa e Álvaro Gómez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Ural Español CF 0 - Benxamín A 5 (Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva, Hugo Luaces e Iván Gil)