O Dépor ABANCA B saca adiante un partido ante o Sporting de Gijón B que se complicou no inicio da segunda metade
O Deportivo ABANCA B sacou adiante un partido (4-2) ante o Sporting de Gijón B, correspondente á 8ª xornada no grupo 1º de Tercera Federación FutFem, que se puxo costa arriba no inicio da segunda metade.
Sara Cercido e Paula Monteagudo puxeron en vantaxe ás branquiazuis na primeira media hora de xogo, pero as asturianas lograron igualar con dous goles nos minutos 40 e 61.
A partir de aí, as pupilas de Óscar Orro retomaron o pulso ao partido e amarraron os 3 puntos grazas aos goles de Lucía Rivas e Laura Otero.
Ademais das lesionadas Nuria Gómez, Lucía Mariño, Marta Rico ou Paula Novo, Elena Vázquez causou baixa por estar concentrada coa selección española sub-17 na Rolda 1 de Clasificación para o Campionato de Europa.
Esta vitoria deixa ao filial feminino en 3ª posición con 21 puntos, a 1 punto de vantaxe do Real Avilés CF e Lóstrego CF, líderes con 22 puntos.
Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Paula Monteagudo, Uxía López, María Calvo, Noelia Mayo, Sara Cercido, Laura Otero, Elena López 'Cusi', Emma Gandoy, Lucía Rivas e Noela. Tamén xogaron: Laura Testa, Macarena González, Carmen Carballada e Celia Sousa.
A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B visita na Coruña ao Victoria CF.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1 Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López) Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0 Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0 Xixón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero) Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Feminino B 0 Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo) Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2