RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor empeza a segunda volta da liga superando os 26.000 abonados

  Coas 31 altas rexistradas no día de hoxe, o Real Club Deportivo superou, para afrontar a segunda volta do campionato, os 26.000 socios. 26.003 abonados son os que a día de hoxe contan cun carné do Deportivo para poder acudi

Para o que queda de Liga por diante, toda a segunda volta, os prezos dos abonos reducíronse nun 40% con respecto ao comezo da tempada. A ese prezo co 40% de desconto que teñen todas as bancadas hai que engadir:

  1. 20% de desconto aos maiores de 65 anos.
  2. 20% de desconto no seu carné aos abonados con discapacidade.
  3. 30% de desconto para os abonados en situación de desemprego.
  4. 40% de desconto aos menores de 25 anos.
  4. 60% de desconto aos afeccionados con ADN Branquiazul (ata 15 anos).
 

Os abonos poden retirarse na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio de Riazor de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas de luns a venres e os días de partido de 11:00 a 14:00 horas nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor.

Faiche socio amigo do Dépor agora mesmo desde calquera lugar do mundo

Todos os afeccionados do Dépor que, por diferentes motivos, especialmente de distancia, non poidan acudir con regularidade a Riazor pero que se queiran sumar á nosa paixón, poden darse de alta como Socio Amigo do Real Club Deportivo desde calquera lugar do mundo. Entrando en abonos.canaldeportivo.com , cun cartón bancario ao alcance da man, en dous sinxelos pasos, poden converterse en socios do Dépor, poden sumarse tamén #ánosapaixón.

Por 50 € ao ano todos os deportivistas poden ser socios do Club, manter o seu número de socio e gañar antigüidade, asistir a un partido ao ano e beneficiarse de todas as vantaxes que teñen os asociados do Club:

· Asistir a todos os partidos da nosa canteira en Abegondo

· 5% de desconto nas compras nas Deportiendas de Riazor e Marineda City.

· Participar en sorteos exclusivos e campañas especiais organizadas polo Club.

· Preferencia na compra de entradas dos partidos fóra de Riazor.

· Ter descontos e participar en promocións das empresas que apoian ao Dépor.

· Ter descontos no Dépor Campus, a Escola de Adestradores e noutras accións que organice o Club.

· Participar na 3ª Fase da Ampliación de Capital, comprar accións do Dépor e ser dono do Club.

· Ter un desconto do 50% no carné de socio do Club Básquet Coruña.