RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOSSep 19, 2023

O Dépor enfila ao UE Cornellà

O Dépor comezou esta mañá a preparar a próxima cita ligueira deste sábado 23 de setembro ás 20:00 horas en ABANCA-RIAZOR ante a UE Cornellà (FEF TV), correspondente á 5ª xornada.

Após o partido de Salamanca e do posterior regreso durante a madrugada do sábado ao domingo, Imanol Idiakez concedeu dous días de descanso (domingo e onte luns) aos seus futbolistas antes de regresar ao traballo.

Os Nosos arrincaron coas ausencias de Iván Barbero, pendente de ser intervido cirurxicamente hoxe mesmo do seu xeonllo esquerdo; de Yeremay, con traballo personalizado co readaptador Álex Canosa do mesmo xeito que hoxe Ximo Navarro; e de David Mella, en repouso deportivo despois da súa cirurxía no nariz.

O corpo técnico deportivista dispuxo nunha asollada mañá, após un quecemento con rondos, un xogo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Martín Ochoa, Jairo, Diego Gómez e Mati Castillo foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá mércores o equipo adestrarase en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo previo ás 8:30 e comida na mesma instalación ao concluír a sesión.