O deportivista Juan Rodríguez estivo concentrado coa Selección Española sub-17 con motivo de dous partidos amigables ante Rusia sub-18 na localidade murciana de San Pedro del Pinatar.
O combinado que prepara David Gordo empatou onte martes (1-1), nun choque no que o xuvenil branquiazul foi titular e xogou os 90 minutos.
O pasado domingo, España caeu (1-2) no primeiro dos dous encontros fronte aos rusos. Nesta ocasión, Juan Rodríguez non chegou a saltar ao terreo de xogo.
O centrocampista galego, que está a facer a pretemporada co Xuvenil A que dirixe Javi Álvarez, regresa á Coruña hoxe mércores 22.