RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA B estréase en pretemporada no único partido de #ANOSACANTEIRA mañá domingo

Un só equipo de #ANOSACANTEIRA ten cita de pretemporada mañá domingo. Será o debut estival do Dépor ABANCA B en Ribadumia ante o Umia CF da súa mesma categoría, Primeira Nacional.

Kevin Cabado leva a estas xogadoras: María Calvo, Celia, Lucía Couto, Elena López 'Cusi', Uxía Cabada, Lucía Mariño, Antía Brage, Carmen Carballada, Laura Testa, Abril, Iria Otero, Noela, Laura Otero; ademais de Uxía Rabuñal, do Orzán SD Xuvenil Feminino; e Yaiza, Uxía López, Sara Cercido, Ana Capelo, Maca e Lucía Rivas, todas elas do Orzán SD Cadete Feminino.

Hoxe sábado en Abegondo, o Fabril igualou co Bergantiños CF de Segunda RFEF (1-1); e o Xuvenil B superou ao CD Calasanz (6-2).

O filial branquiazul encarou este novo choque con moitas baixas. Están lesionados Martín Ochoa, Davo, Álex Pereira, Tim, Mella e Ríos; mentres que Jairo e Yeremay entraron na convocatoria do Deportivo para disputar a LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera ante o FC Metalist Kharkiv de Ucraína.

Adiantouse o Bergantiños CF na primeira metade pero igualou Iano Simão tralo descanso.

Ademais estreouse en pretemporada con vitoria hoxe sábado (2-6) o San Tirso SD cadete ante o Bertamiráns FC no campo do equipo santiagués.

O Xuvenil A arrancou onte venres 12 de agosto no Estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín ante o conxunto dezano, de Primeira Autonómica, unha nova fin de semana de amigables para #ANOSACANTEIRA.

O partido foi entretido e cun tempo para cada equipo. O CD Lalín foise ao descanso con 3-0 pero os branquiazuis igualaron na segunda parte con goles de Hugo, Baldomar e Garaboa.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
FABRIL 1 (Jairo) - UD SOMOZAS 0
FABRIL 1 (Iano Simão) - BERGANTIÑOS CF 1

Categoría feminina
UMIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, mañá domingo 14 de agosto ás 11:00 no campo da Bouza (Barrantes, Ribadumia)

Categoría xuvenil
XUVENIL A 1 (Garaboa) - UD PAIOSACO 1
CD LALÍN, de Primeira Autonómica 3 - XUVENIL A 3 (Hugo, Baldomar e Garaboa)

SAN TIRSO SD, de Preferente Autonómica 2 - XUVENIL B 1 (David Domínguez)
XUVENIL B 6 (Domínguez, Carlos, Rubén, Mesfín e Adrián -2-) - CD CALASANZ A 2

Categoría cadete
BERGANTIÑOS CF xuvenil 1 - CADETE 0

BERTAMIRÁNS FC 2 - SAN TIRSO SD 6 (Miguel -2-, Marcos -2-, Hugo Ramos e Diego)