RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo regresa aos adestramentos con cinco canteiráns ás ordes de Seedorf

O Deportivo regresou esta tarde aos adestramentos sen os internacionais Borges e Schär; e con cinco canteiráns ás ordes de Clarence Seedorf: o fabrilista Lucas; e os xuvenís Joel, Rojo, Parga e Ortuño.

Fede Cartabia e Luisinho adestráronse no céspede ás ordes do readaptador, Fran Molano; e quedaron no ximnasio Andone, Bóveda, Fede Valverde e Lucas, este con unhas molestias nun adductor, pendente de evolución nas próximas horas.

Retiráronse antes que os seus compañeiros Sidnei, cunha molestia no sóleo dereito; e Sulley Muntari, tamén con algunha molestia na súa perna dereita, pendente de evolución.

A sesión de hoxe foi fundamentalmente de fútbol, cun traballo de posesión e un partido no campo 2 como tarefas principais.

Mañá haberá dobre quenda de adestramento en Abegondo. Pola mañá haberá dous grupos (11:00 e 11:45 horas) a porta pechada. Pola tarde, todo o cadro está citado ás 18:00 horas.