O Fabril adiantou esta fin de semana o seu partido ligueiro en Terceira División. Así, do domingo ás 12.00 pasouse ante o Alondras ao sábado 3 de decembro ás 17.00 en Abegondo. O motivo é que o martes 6, día festivo, haberá un novo choque de liga.
Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada sénior custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.
Tamén xogan en Abegondo o sábado o Xuvenil A (domingo ás 11.30) e o Cadete B (sábado ás 12.00); o Infantil A (mañá venres ás 19.00); e en Arteixo o Deportivo Feminino B (domingo ás 16.00).
Para os tres primeiros partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.
Actúan como visitantes nesta ocasión o Xuvenil B (en Santiago) e o Cadete A (en Nigrán).
Por outra parte, o Alevín A concluiu como campión a competición regular no grupo 2º da Primeira Comarcal A Coruña. Disputará o seu último encontro ante o Cambre A. A próxima semana arrancará a fase de eliminatorias polo Campionato Galego, a primeira será contra o oitavo clasificado do grupo 1º.
Esta fin de semana toca descanso para o Infantil B, sen competición ligueira no grupo 1º da Primeira Autonómica.
O calendario de partidos é o seguinte:
Terceira División
FABRIL - ALONDRAS, o sábado 3 de decembro ás 17.00 en Abegondo
Clasificación: ... 3. Cerceda e Arosa, 27 puntos; 5. Fabril, 26 puntos; 6. Barbadás, 24 puntos; 7. Negreira, 23 puntos...
Categoría Feminina
DEPORTIVO FEMININO B - XUVENTÚ AGUIÑO, o domingo 4 de decembro ás16.00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 9. Milagrosa, 15 puntos; 10. Deportivo Feminino B e Arcadia, 10 puntos; 12. San Miguel, 9 puntos...
Categoría Xuvenil
XUVENIL A - MARINA SPORT, o domingo 4 de decembro ás 11.30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Lugo, 29 puntos; 4. Oviedo e Xuvenil A, 26 puntos; 6. Bansander e Racing de Santander, 22 puntos...
COMPOSTELA - XUVENIL B, o domingo 4 de decembro ás 12.15 no campo da Barrosa (Villestro)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 34 puntos; 2. Xuvenil B, 28 puntos; 3. Victoria, 26 puntos; 4. Porriño Industrial e Racing Vilalbés, 25 puntos...
Categoría Cadete
VAL MIÑOR - CADETE A, o sábado 3 de decembro ás 12.00 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 37 puntos; 2. Cadete A, 35 puntos...
CADETE B - RACING VILALBES, o sábado 3 de decembro ás 12.00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B e Calasanz, 29 puntos; 3. Xuventude de Oroso, 27 puntos...
Categoría Infantil
INFANTIL A - BERGANTIÑOS, o venres 2 de decembro ás 19.00 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 35 puntos; 2. Ural, 34 puntos; 3. Racing de Ferrol, 31 puntos...
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 36 puntos; 2. Imperátor, 31 puntos...
Categoría Alevín
ALEVÍN A - SPORTING CAMBRE A, o sábado 3 de decembro ás 11.00 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º: 1. Alevín A (xa campión), 21 puntos; 2. Ural A, 18 puntos...
URAL C - ALEVÍN B, o sábado 3 de decembro ás 13.00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña:1. Alevín B, 21 puntos; 2. Ural C e Calasanz C, 16 puntos...
Categoría Benxamín
RAYO SADENSE A - BENXAMÍN A, o sábado 3 de decembro ás 11.45 no campo Andrés Pena de Sada
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña:1. Benxamín A, 27 puntos; 2. Victoria A, 24 puntos...
BENXAMÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C, o sábado 3 de decembro ás 12.00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 24 puntos; 2. Ural C, 22 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros C, 18 puntos...