RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril cae cun gol do Ourense CF aos cinco minutos de xogo

O Fabril caeu en Abegondo ante un Ourense CF que anotou o gol da vitoria aos cinco minutos dun partido (0-1) correspondente á 23ª xornada en Tercera RFEF.

A partir dese momento, os ourensanistas souberon pechar ben os espazos e maniatar a un filial deportivista que esta vez non foi capaz de rescatar polo menos un punto.

Óscar Gilsanz tivo apenas dous días para preparar o devandito partido, posto que varios dos seus futbolistas xogaron o mércores co Xuvenil A na Youth League e, por conseguinte, adestráronse xa desde o luns pasado ás ordes de Manuel Pablo, caso de Juan Rodríguez, Dani Barcia, Brais Suárez, Mella, Nájera...

Perdeuse o choque ante os ourensanistas David Mella, concentrado coa selección española sub-17 nun torneo no Algarve (Portugal). O canteirán tiña que incorporarse o pasado luns 7 de febreiro ao equipo nacional pero o Club, co consentimento da Federación Española, puido atrasar a súa viaxe até o pasado xoves para que puidese xogar co Xuvenil A a UEFA Youth League en ABANCA-RIAZOR.

Fabril: Brais Suárez, Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Iano Simão, Fabio, Brais Val, Runy, Sanmartín, Yeremay e Davo. Tamén xogaron: Barba, Nájera, Currás e Juan Cambón.

Con este resultado, o Fabril é sexto na táboa con 31 puntos.

A Xuíza de Competición fixou esta pasada semana as datas para a celebración dos dous partidos aprazados do Fabril por COVID no vestiario do Racing Villalbés e CD Choco.

O primeiro deles, correspondente á 18ª xornada, xogarase no campo da Magdalena de Vilalba este mércores 16 de febreiro ás 20:30 horas.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés - Fabril, o mércores 16 de febreiro ás 20:30 na Magdalena (Vilalba)
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0
CD Choco - Fabril, o martes 1 de marzo ás 20:30 en Santa Mariña (Redondela)
Fabril 0 - Ourense CF 1