RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril desarbora ao As Pontes tras o descanso

O Fabril tombou ao As Pontes (5-0) nun partido que quedou sentenciado na recta inicial da segunda metade, xusto cando o conxunto pontés afrouxou en defensa.

Óscar adiantou ao filial de penalti na primeira parte, na que o Fabril dominou pero apenas atopou espazos na área rival.

Nada máis comezar a segunda metade, os goles de Edu e de Borja Domingo, este por partido dobre, sentenciaron o partido. Manu Molina redondeou o marcador.

Con este resultado, o Fabril é cuarto na táboa, situado en posto de play off de ascenso a Segunda División B, con 32 puntos, a 1 punto do terceiro clasificado, o Cerceda; e a 8 puntos do líder, o Rápido de Bouzas.

Fabril: Alex Cobo, Blas, Quique Fornos, Nacho Monsalve, Lucas, Edu, Óscar, Queijeiro, Borja, Manu Molina e Álex Corredera. Tamén xogaron: Naveira, Hugo Rama e Jorge Carreón.

O Dubra será o próximo rival do Fabril.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arousa 2
Ordes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0