RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Alevín cede en Sada os seus primeiros 2 puntos da temporada

Despois de 5 vitorias consecutivas, o Fabril FC Alevín cedeu no campo das Mariñas - Andrés Pena os seus 2 primeiros puntos da temporada ao empatar (3-3) ante o Sada CF A, en choque correspondente á 6ª xornada no subgrupo 2º de Primeira A Coruña - As Mariñas.

Nacho Villanueva, Álvaro Gómez e Hugo Macedo foron os goleadores fabrilistas nun partido moi equilibrado.

Con este resultado, o equipo que dirixe Jorge Queijeiro lidera en solitario o subgrupo con 16 puntos.

Fabril FC Alevín: Iago Miranda, Hugo Macedo, Yoel Puñal, Jorge Fernández, Iván Gil, Hugo Pousa, Nacho Villanueva e Álvaro Gómez. Tamén xogaron: Roque Martínez, Hugo Luaces, David Gómez e Brais Martínez.

O vindeiro martes 13 de decembro ás 19:00 horas, en partido adiantado a unha 7ª xornada que se xogará na súa totalidade a próxima fin de semana, o Fabril FC Alevín recibe en Abegondo ao UD Carral.

Os resultados até a data do Fabril FC Alevín son os seguintes:

Fabril FC Alevín 8 (David Gómez -3-, Hugo Macedo, Álvaro Gómez, Jorge Fernández, Iván Gil e Martín López) - Betanzos CF 0
Santa Cruz CF 0 - Fabril FC Alevín 10 (David Gómez -4-, Álvaro Gómez -2-, Hugo Macedo, Hugo Pousa, Hugo Luaces e Martín López)
Fabril FC Alevín 4 (David Gómez -2-, Hugo Macedo e Iván Gil) - Atlético Arteixo 2
Atlético San Pedro 0 - Fabril FC Alevín 4 (Iván Gil, Álvaro Gómez, Hugo Pousa e Hugo Macedo)
Fabril FC Alevín 2 (Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - UD Paiosaco H. Añón 0
Sada CF A 3 - Fabril FC Alevín 3 (Nacho Villanueva, Álvaro Gómez e Hugo Macedo)