RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Alevín certificou cun triunfo ante o 'Orilla' o título do grupo B da Primeira Autonómica

O Fabril FC Alevín selou cun triunfo ante o Orillamar SD A (0-3) o título de campión do grupo B da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito. Raúl, Jose e Guille foron os goleadores fabrilistas neste encontro.

Fabril FC Alevín: Martín, Pablo Vara, Jose, Javi, Raúl, Lucas Vázquez, Iago Varela e Pablo Somoza. Tamén xogaron: Lucas López, Nico, Guille, Hugo, Gabi e Martín Forján.

Co marcador deste partido correspondente á 6ª e última xornada, o Fabril FC Alevín suma 15 puntos de 15 posibles; por 9 puntos do Orillamar SD A, segundo na táboa.

E iso que ao Fabril FC Alevín quédalle un partido por disputar, correspondente á 2ª xornada ante o Imperátor OAR A, que foi suspendido o pasado 24 de abril debido a unha tormenta que ese día azoutou A Coruña. Este encontro xogarase este luns 31 de maio ás 19:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña).

Os resultados do equipo branquiazul que preparan Alberto Suárez e Arsenio Velasco son os seguintes:

Fabril FC Alevín 11 (Martín Forján -4-, Lucas Vázquez -2-, Iago Lameiro -2-, Pablo Vara, Raúl e Gabi) - Imperátor OAR C 0
Imperátor OAR A - Fabril FC Alevín, o luns 31 de maio ás 19:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Fabril FC Alevín 4 (Iago Lameiro, Javi, Guille e Gabi) - Orillamar SD A 0
Imperátor OAR C 0 - Fabril FC Alevín 10 (Raúl -4-, Gabi -2-, Iago Lameiro, Martín Forján, Pablo Somoza e Javi)
Fabril FC Alevín 4 (Raúl -2-, Guille e Martín Forján) - Imperátor OAR A 0
Orillamar SD A 0 - Fabril FC Alevín 3 (Raúl, Jose e Guille)